Os lobos atacaron tres carneiros do Centro Ambiental do Rexo

b275171c-a30f-4c41-81d0-346c3ab91a18
photo_camera Un dos lobos captado polas cámaras de videovixiancia do Rexo.
A análise dos axentes especializados que se achegaron ata o lugar dos feitos e as cámaras de videovixiancia de O Rexo permitiron determinar que o asalto fora cometido polos lobos. 

Dous carneiros mortos e un malferido -todo parece indicar que non soportará as vindeiras horas-  é o balance logo de dous ataques perpetrados por lobos nun dos terreos que manexan os responsables do Centro de Educación Ambiental de O Rexo de Allariz -tamén adicado á producción ecolóxica de queixo- no termo municipal de Paciños, a semana pasada. A análise dos axentes especializados que se achegaron ata o lugar dos feitos e as cámaras de videovixiancia de O Rexo permitiron determinar que o asalto fora cometido polos lobos. "Tiñamos os machos -un total de 16- separados do rebaño de cara a un futuro encontro coas femias. Levamos os carneiros a Paciños", relata Carlos Estévez, coordinador de O Rexo. "O primeiro ataque prodiciuse na noite do martes pasado. Mataron ao carneiro grande, o dominante. Como non tiñamos claro se fora o lobo, puxemos unha cámara ao día seguinte e puidemos comprobalo: un carneiro, o que está malferido, fíxolle fronte a dous lobos, un máis grande e outro máis pequeno. Estes mataron tamén a outro carneiro", asegura o coordinador. 

Logo deste incidente, o resto dos carneiros foron levados de volta, en tres viaxes, ás instalacións de O Rexo de Allariz. 

Pola súa banda, o coordinador de O Rexo quixo deixar claro que "nós somos un centro de educación medioambiental, non estamos para nada en contra do lobo. Nos fastidia porque nos tocou e o rebaño non tiña mastín pero é lei de vida: os lobos teñen que comer", di Estévez.

Te puede interesar