Luzía Oca recibe o premio Risco de Ciencias Sociais en Allariz

<p></p>
photo_camera Autoridades e promotores do premio posan coa gañadora logo do acto de entrega.

A obra galardoada analiza a vida das mulleres caboverdianas na localidade lucense de Burela 

A investigadora Luzía Oca González recibíu onte premio Vicente Risco de Ciencias Sociais , concedido ó seu trabalo "Caboverdianas en Burela (1978-2008), migración, relación de xénero e intervención social". O galardón, que chega este ano a súa XX edición, está convocado pola Fundación Vicente Risco, foi entregado no transcurso dun acto que se celebrou no salón de plenos do Concello de Allariz, coa presidencia do alcalde alaricano, Francisco García.

O premio Vicente Risco de Ciencias Sociais está dotado con 4.500 euros e ten como finalidade honrar a memoria de Vicente Risco, axudar á consolidación de cultura galega, á normalización lingüística do galego a e a fortalecer as relacións con Portugal e a lusofonía. Está promovido polos concellos de Allariz e Castro Caldelas, as fundacións Vicente Risco e Sotelo, Branco, xunto coa universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro.

O acto desenvolvido no concello alaricano contou coa presencia de representantes das entidades convocantes, así como da gañadora e numeroso público e no transcurso do mesmo resaltouse o contido e a importancia do traballo galardonado.



tese doutoral

"Caboverdianas en Burela" é froito da tese doutoral desenvolvida por Luzía Oca González e que estivo dirixida pola profesora do Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social da Universidade de Santiago Nieves Herrero. Ao longo de quince anos de traballo Luzía Oca González analizou a vida das mulleres caboverdianas que están asentadas en Burela desde o ano 1978.

A investigación puxo en cuestión a imaxe que se difundía desde ámbitos oficiais, que calificaba poñía como modélica a integración daquel colectivo inmigrante asentado na localidade de Burela, na costa de Lugo, unha integración que estaba moi lonxe da realidade.

Te puede interesar