Maceda facilitará o traballo a persoas especiais

Sintaura contrato de colaboración entre a Deputación Ourense representada polo seu Presidente Manuel Baltar e polo Presidente de ASPAMADIS, Manuel Martí.
photo_camera Manuel Martín, Esther Blanco e Manuel Baltar.
O obxectivo deste acordo é, en palabras de Baltar, “defender a dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade, apoiar ás súas familias e promover a inserción laboral e social"

Nunha clara aposta pola inserción laboral e social de traballadores de centros especiais de emprego, o presidente da Deputación, Manuel Baltar; o presidente de Aspamadis, Manuel Martín e a secretaria xeral de Cegasal, Esther Blanco, asinaron o primeiro contrato pertencente ao procedemento aberto para a realización de labores de mantemento e limpeza de áreas recreativas, un acordo reservado a centros especiais de emprego de iniciativa social ou empresas de inserción reguladas. 

O contrato asinado terá como finalidade a prestación do servizo para a realización de labores de mantemento da área recreativa de Maceda, dentro do cometido que ten a Deputación de realizar labores de xardinaría e mantemento do mobiliario e elementos construtivos das zonas verdes da súa propiedade ou titularidade, así como traballos froito da cooperación que o Goberno provincial mantén cos concellos para mantemento e conservación medioambiental.

No caso de Maceda, o traballo referido ás labores de xardinaría abranguerá un parque infantil e biosaudable, un estanque e estruturas en pedra e terra adaptadas para actividades en bicicleta, así como estruturas en madeira e metálicas en zonas de paseo. Tamén labores de roza, retirada de follas e xestión de residuos.

O obxectivo deste acordo é, en palabras de Baltar, “defender a dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade, apoiar ás súas familias e promover a inserción laboral e social”. O presidente ourensán asegurou que o labor mediambiental encomendado “contará cunha realización profesional, cumprindo cos estándares de calidade esixidos pola administración provincial”.

Te puede interesar