Maceda inaugura hoxe unha mostra sobre a emigración

A exposición, que poderá visitarse ata o vindeiro 11 de outubro de luns a venres entre as 09,00 horas e as 15,00 horas, recolle unha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE

No marco do proxecto Corrente cultural -que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo- promovido polo Concello de Maceda en colaboración con Abanca e Afundación, a mostra fotográfica “Nós tamén fomos emigrantes” inaugurarase hoxe neste municipio. Consiste nunha serie de imaxes que relatan visualmente a emigración española durante o pasado século XX. O conxunto verá a luz logo dun acto de inauguración que se celebrará a partir das 11,00 horas de hoxe no salón de actos do Concello e que contará coa asistencia do alcalde de Maceda, Rubén Quintas Rodríguez; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de Abanca en Ourense; Lucía Santás, directora da oficina en Maceda e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo.

A exposición, que poderá visitarse ata o vindeiro 11 de outubro de luns a venres entre as 09,00 horas e as 15,00 horas, recolle unha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é tratar de achegar aos visitantes a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. 

A mostra poderá visitarse na localidade de Maceda ata o vindeiro 11 de outubro, de luns a venres dende as 09,00 horas ata as  15,00 horas.

Te puede interesar