Maceda leva ao rural talleres de memoria e psicomotricidade

Se busca, do mesmo xeito, incorporar novas parroquias e que, ademais, prevense outras formacións vencelladas a unha alimentación saudable ou ao manexo de móbiles. 

O Concello de Maceda, a través da Concellería de Servizos Sociais, reeditará os seus talleres de memoria e psicomotricidade nos pobos do rural, así como na propia capitalidade. 

A iniciativa comezará os luns en Xinzo da Costa -10,00 horas- e Santiso -11,00 horas-. Continuará os martes cun taller en Castro de Escuadro, o cal se prolongará entre as 10,00 horas e as 11,00 horas. Os mércores será a quenda de Casetas do Rodicio -de 10,30 horas a 11,30 horas- e os xoves de Tioira -10,00 horas- e Lamas -11,20 a 12,20-. 

Os talleres, que estarán dirixidos pola educadora social do Concello, rematarán en Maceda todos os venres de 11,00 horas a 12,00 horas. 

Dende o departamento de Servizos Sociais de Maceda adiantaron que se busca, do mesmo xeito, incorporar novas parroquias e que, ademais, prevense outras formacións vencelladas a unha alimentación saudable ou ao manexo de móbiles. 

UN ESPAZO DE MULLERES

A concelleira de Servizos Sociais de Maceda, Ana María Rodríguez Blanco, explicou que o obxectivo desta iniciativa é “achegar ao entorno das persoas espazos de comunicación”. Destacou que “a participación é case total de mulleres. Animamos tamén aos homes a que se incorporen a este curso de estimulación cognitivo, psicomotriz e social”.

Te puede interesar