O Manco Xove IV chegou ao seu fin en Paderne de Allariz

IMG-20210914-WA0014
photo_camera Yago Sánchez e José Manuel Fernández, no centro, xunto ao resto de alcaldes e alumnado.
Tanto o representante autonómico, como o alcalde de Paderne de Allariz e presidente da mancomunidade, José Manuel Fernández Gómez, aproveitaron o acto para felicitar ao alumnado participante

Esta semana celebrouse no Concello de Paderne de Allariz o acto de entrega de diplomas, así como o peche oficial da cuarta edición do programa de emprego Manco Xove, promovido pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ourense e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. 

Neste evento, que supuxo o punto e final a un proxecto formativo e práctico que se prolongou durante varios meses, estiveron presentes os alcaldes dos concellos participantes no plan, así como o xefe territorial da Consellería de Emprego e Igualdade Yago Sánchez Borrajo. 

Tanto o representante autonómico, como o alcalde de Paderne de Allariz e presidente da mancomunidade, José Manuel Fernández Gómez, aproveitaron o acto para felicitar ao alumnado participante, que acadou o certificado de profesionalidade en dúas ramas diferentes: por unha banda, en Atención Sociosanitaria en Institucións Sociais e, pola outra, en Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas.

Te puede interesar