LITERATURA

O medo centra o concurso de micro-relatos “Aira das Letras"

Os participantes poderán enviar as súas propostas, nas categorías adulto ou xuvenil, ata o 20 de novembro

A librería Aira das Letras de Allariz acaba de comunicar a apertura do prazo de envío das propostas para participar no concurso de micro-relato fantástico "Aira das Letras 2017". Nesta edición, a sexta, haberá dúas categorías. Unha de adultos aberta ao público maior de idade e a xuvenil, para menores de 18 anos. En ambas categorías o ámbito temático será o medo, e deberán ter como máximo 150 palabras en galego.

O prazo para o envío dos micro-relatos á páxina web remata o vindeiro luns, 20 de novembro. Do 20 ao 29 de novembro estará aberto o prazo de votación por parte do público, habendo dous premios por cada categoría: premio do público e premio do xurado. Os galardoados nas diferentes categorías recibirán diferentes lotes de libros e produtos de Allariz. A maiores, o gañador do premio do xurado na categoría de adultos, recibirá unha figura do "Guerreiro de Armea".

puntuación

O acto de entrega dos mesmos terá lugar no transcurso dunha merenda literaria fixada para o día 30 de novembro. Os interesados poden enviar os seus traballos, valorar os textos xa enviados por outros participantes e mesmo consultar as bases na páxina web airadasletras.gal.

Te puede interesar