Unha explotación familiar aposta polo natural para garantir o seu futuro

O Mercado da Reserva incorpora leite ecolóxico

Francisco García, Bernardo Varela, Marcos Quintas, Carmen Álvarez e Mari Carmen Cid. (Foto: MARCOS ATRIO)
O mercado da Reserva da Biosfera da Área de Allariz acollerá, dende este sábado, un novo producto co selo ecolóxico: leite 100% alaricano da explotación Ecoleia. Fai 24 anos que as familias Quintas e Álvarez puxeron en marcha esta factoría leiteira nos montes de Torneiros. 'Ca chegada da segunda xeración á empresa, iniciamos o proceso de producción de leite ecolóxica, incluido o embasado e comercialización que verán a luz o vindeiro sábado', explicaba Carmen Álvarez, socia fundadora.
Cun total de 103 animais e unha media de 700 litros diarios, dende Ecoleia confían en vender a súa producción no municipio e concellos limítrofes. Para iso, ademáis da comercialización tradicional de leite en botella, a empresa conta cunha serie de distribuidores de leite para cafeterías e restaurantes que o soliciten. 'Esta explotación é un exemplo das iniciativas pegadas ao territorio que pretendemos que sexa Allariz', destacaba o regidor nacionalista, Francisco García, que resaltou a calidade do producto e os beneficios para o territorio en materia de prevención de incendios. 'Non hai mellor desbrozadora que as propias vacas', bromeaba

A incorporación dos mozos Marcos Quintas e Mari Carmen Cid garantiza a supervivencia da explotación. 'Posiblemente, de non estar nós aquí, acabaría cerrando', recoñecía Cid, quen enfatizaba que vivir no rural 'non o cambio por nada'.

Te puede interesar