Unha moza alaricana gañou a Olimpíada Filosófica de Galicia

d404ceaa-e92e-4b42-87c5-deff84103f8f
photo_camera A estudante Nerea González Meire.
Nerea González quixo facer unha reflexión sobre a liberdade e o modo no que os seres humanos son controlados. 

Nerea González Meire, de 16 anos de idade e alumna do Instituto de Allariz, gañou a oitava edición da Olimpíada Filosófica de Galicia na modalidade de banda deseñada e despois de competir con mozos e mozas de toda a comunidade galega da ESO e de Bacharelato. 

Nerea González quixo facer unha reflexión sobre a liberdade e o xeito no que, cada vez máis, os seres humanos son controlados a través das Redes Sociais, Internet e, incluso, mediante cámaras de videovixiancia: "Nos propusieron este trabajo en la materia de Filosofía. Elegí la modalidad de Cómic porque me gusta bastante dibujar", explica Nerea. "El objetivo era debatir sobre dos cuestiones: libertad o seguridad. Yo me decanté por la primera porque me parece mucho más importante, en un estado democrático, hablar de libertad", añade. A estudante quixo, a través da súa creación artística, facer unha crítica "a los sistemas totalitarios y parecidos al Gran Hermano de George Orwell que nos quieren controlar e influir en nuestros pensamientos. Parece que no nos damos cuenta pero estamos muy controlados, solo hace falta pensar en las 'cookies' o en la Política de Privacidad que están en nuestras vidas y parece que las ignoramos". Nerea concluiu, sen embargo, que "por mucho que intenten condicionarnos siempre nos quedará la libertad de nuestra propia mente".

Te puede interesar