Mozos de Allariz adquiren novas prácticas sostibles

undefined
photo_camera Estudantado do IES de Allariz na visita á cidade do Porto.
Viaxaron este mes a Portugal a través do programa Erasmus plus

Estudantado de terceiro curso da ESO do IES de Allariz viaxou este mes de decembro ao veciño Portugal por medio do programa Erasmus plus, concretamente, dentro do proxecto Reservas da Biosfera. 100 por 100 Sostibilidade aeropónica.

Na súa estancia, os mozos e mozas alaricanas coñeceron o centro ESAOF Escola Arquiteto Oliveira, na localidade de Arcozelo, situada en Vila Nova de Gaia. Alí intercambiaron experiencias en materia de mobilidade sostible e tamén para mellorar a empatía e a integración. 

Os estudantes tamén se achegaron ata a Estaçao Litoral da Aguda onde coñeceron todo o relacionado co litoral da costa Atlántica, as súas costumes de pesca e o labor de rehabilitación que están a levar a cabo.

Na súa volta a Allariz, os mozos destacaron a importancia destas actividades que serven, na súa opinión, “para coñecer outros sistemas educativos, outras formas de ensinar, practicar idiomas, coñecer outros estudantes, facer máis grupo e ter máis empatía”. Pola súa banda, os docentes que acompañaron aos menores na súa visita a terras lusas, salientaron o positivo destas estadías “para mellorar a formación e coñecer outras formas de facer”. Tamén  o feito de realizar unha tarefa de inmersión lingüística para “mellorar a competencia” neste eido. 

O centro alaricano recibirá tamén nun breve periodo de tempo ao alumnado do instituto ESAOF para amosarlle as actividades vencelladas á sostibilidade nas que se está a traballar dende Allariz e dentro do programa Erasmus plus. Precisamente, dito programa cofinancia o proxecto Reservas da Biosfera. 100 por 100 Sostibilidade aeropónica.

Te puede interesar