ALLARIZ

O Museo do Xoguete de Allariz recibe 5.000 euros

A doazón inclúe, ademais, unha colección de bonecos e xoguetes que agora o museo pasará a catalogar

Os fondos do Museo Galego do Xoguete veranse incrementados gracias á doazón realizada pola profesora da Universidade de Santiago de Compostela María García Añón, recentemente falecida. Ademais do que dende o Concello califican como un "importante legado", formado pola colección particular de bonecos e xoguetes da docente, a doazón inclúe unha aportación de 5.000 euros destinada ó mantemento, conservación e exposición destas novas pezas. 

O seguinte paso a dar pola institución museística, que agora celebra o seu 25 aniversario, consistirá na catalogación destas incorporacións para engadilas ós fondos expostos do Museo Galego do Xoguete. 

María García Añón foi tamén presidenta da Asociación de Estudios Universitarios ECOPOL, doutora en Ciencias Económicas e Empresariais, licenciada en Dereito, en Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais, en Ciencias da Información, diplomada en Alta Dirección e exfiscal do Ministerio de Xustiza.

Te puede interesar