A primeira carreira infantil marcou unha xornada de luns sin inicidencias

Os nenos garantizan o futuro da Festa do Boi

Un boi de mentira permitiu aos nenos diisfrutar dunha carreira sin riscos polo casco histórico. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Garantir o relevo generacional é unha das bases e segredos do éxito da Festa do Boi, que onte tivo en Allariz unha das súas máximas expresións coa celebración da primeira carreira infantil do ano. Varias dúcias de nenos, acompañados dos seus familiares, encheron as rúas alaricanas cos seus gritos e risas diante dun boi xigante a catro rodas guiado polos homes do Sedeño. 'É unha alegría ver os nenos correndo polas rúas e prazas', subliñaba o concelleiro alaricano Bernardo Varela, un dos encargados de guiar o boi.
A programación prevista para onte incluiu, en horario de mañá e tarde, dúas novas carreiras para adultos que transcurriron sin incidencias polas rúas do casco histórico. Sesións que se repetirán hoxe martes as oito da mañá e as nove da noite.


MONICREQUES

Inculcar aos máis pequenos da casa o espíritu do boi e as súas orixes é fundamental para a Asociación Xan de Arzúa que iste ano ampliou a programación específica para os máis pequenos. E o fixo implicándolos directamente na organización dunha representacion de monicreques sobre a historia de Xan de Arzúa (mércores) ou ca celebración do 'pistaboi', unha gincana para atopalo na Praza Maior (xoves).

As actividades para os cativos que incluirá, mañá mércores as 17,30 horas, a actuación da escola infantil de percusión da Casa da Mocidade e merenda para os nenos de Allariz e os colaboradores coa festa na Praza de Abastos. Tralos monicreques na Praza de Abaixo, nova carreira infantil do boi.

Te puede interesar