Novo día de mercadiño e máis descontos en Allariz

mg_0669_resultado
photo_camera Compradores no mercadiño da Barreira este sábado. (Miguel Ángel)
Hoxe celebrarase a terceira e última xornada do mercado de oportunidades. 

A feira dos sábados regresou onte ao campo da Barreira de Allariz coa práctica totalidade dos postos autorizados de textil, calzado, alimentación e xardinería repartidos polo centro da vila. 

Os pulpeiros traballaron sen descanso e, á última hora da mañá, eran moitos os que se animaban a degustar unha tapa nas carpas habilitadas para esta finalidade.

A celebración do tradicional mercadiño alaricano dos sábados coincidiu coa segunda xornada de Allariz é oportunidade, un evento no que participa o comercio local para dar saída aos restos da colección de outono e inverno, pero do que tamén forman parte outros locais como estudos fotográficos. Os descontos superan, na maioría dos casos, o 50 por cento, e moitos promotores sacan os seus produtos á rúa. A afluenza de visitantes incrementouse onte con respecto ao pasado venres. Hoxe celebrarase a terceira e última xornada deste mercado de oportunidades.

Te puede interesar