A organización do Festival RiR de Allariz confirma a súa cuarta edición

2019090508222348307
photo_camera Unha imaxe da primeira xornada de proxeccións na edición do 2019.
Celebrarase do 8 ao 11 de setembro e a entrada será de balde

A organización do Festival RiR de Allariz, que conta co apoio do propio Concello e da Deputación de Ourense, confirmou este mércores que, neste 2021, celebrarase a súa cuarta edición. Será, concretamente, dende o 8 ao 11 de setembro, con entrada de balde. 

Ata que chegue a data, os promotores deste evento no que se proxectarán curtametraxes de humor, irán desvelando a programación da vindeira edición, así como a persoa que se fará co Premio RiR contigo. Xa adiantaron, non obstante, a retransmisión de actividades vía "streaming" e a homenaxe a un dos pioneiros do humor no cine. 

O prazo para as inscricións das curtas de comedia abrirase o vindeiro 1 de marzo e prolongarase ata o día 30 de xuño -poderanse facer a través da plataforma Festhome-. 

Este festival adicado ao cine de humor naceu no ano 2018 adicando a súa primeira edición a Charles Chaplin. A pandemia non impediu a súa celebración durante o pasado mes de agosto de 2020 -si obrigou a cancelar, pola contra, actividades culturais e de ocio que si puideron programarse nas dúas primeiras edicións-. Na do pasado ano proxectouse unha selección de 42 curtametraxes -32 de ficción e 10 de animación-. O Premio RiR contigo entregouse en 2020 a Luis Dávila nunha gala na Casa da Cultura.n

Te puede interesar