Paco García, exalcalde de Allariz: a Festa do Boi "significa o espíritu da vila Allariz”

Francisco García Suárez, exalcalde de Allariz y "home do sedeño" en la Festa do Boi.
photo_camera Francisco García Suárez, exalcalde de Allariz y "home do sedeño" en la Festa do Boi.

Paco García Suárez, o alcalde do concello de Allariz dende o 2000 ata o 2018, leva  moitos anos sendo “home do sedeño”. 

Cando comezache a ser “home do sedeño”?

Dende os comezos, dende a época que se foi estructurando. Foise incrementando para ter os mínimos problemas. Estiven ata a actualidade, sempre ten riscos pero o noso obxectivo é intentar que a xente desfrute do boi. Foron moitos anos de gran amizade, familiaridade, compañeirismo. A marca do “home do sedeño” para nós é simbólica. Cando lle cedín o meu posto de alcalde a Cristina, entregámoslle unha prenda do “home do sedeño”.

Que responsabilidades ten un “home do sedeño”?

O boi é un animal intelixible, con moita forza. Houbo caídas, cornadas de boi… O home do sedeño ten a función pincipal de atar o animal as argolas. É unha responsabilidade importante. Algúns anos houbo cornadas importantes na que os homes do sedeño sufriron feridas. É unha forma para que a xente entenda e vexa que hai que tomar precaucións, para evitar estes problemas. Nas carreiras a xente empurra, e pode ser moi perigoso. Tamén pode dar a volta o boi e hai que ter espazo para poder maniobrar. Hai algúns bois moi bravos. Se teñen algún lance, o home do sedeño ten que estar sempre en tensión. Cando se atan as argolas do boi, faise unha broma que é coller os excrementos que tira o boi cun pano e lanzalos o aire para que a xente teña que esquivalos.

Parece que cada ano que pasa vai chegando antes o momento de que collan outros o relevo…

Vexo moi ben, hai boas novas xeracións. Hai un grupo moi estable. Antes era un pouco máis ao chou. Nese aspecto temos a continuidade garantida. O importante é poder seguir mantento as crias do boi e seguir tendo o boi con boas condicións. A través de ese proceso ter unha mellor estabilidade. Antes traíanos de fora, e iso provocaba maiores sustos dos necesarios porque non tiñamos tanto coñecemento dos bois. Nos últimos anos temos un maior coñecemento e teñen máis trato humano para unha adaptación de calidade nas carreiras.

Temos todos os ingredientes para ensalzar un evento moi participativo. Implícase toda a vecindade de Allariz

Que significa para a vila esta festa?

A Festa do Boi significa o espíritu de Allariz. 700 anos fixo en 2017. Disfrazámonos de xudeos e cristiáns, unha representación histórica de Allariz que representa a identidade e historia das tradicións. Temos todos os ingredientes para ensalzar un evento moi participativo. Implícase toda a vecindade de Allariz. Son momentos de amizade e gremios. Pandillas que desfrutan do Boi coas comidas e cea multuitudinaria do xoves. Un ambiente musical de rúa. Foise adaptando e medrando ao longo do tempo. Poucas vilas poden ter esta recreación histórica. Centos de persoas recreando a historia do Xan de Arzúa. Isto é un motor económico importante para a hostelería. 

Canto cambiou a festa nos últimos anos?

A Festa do Boi antes era unha proba do boi o xoves de Corpus Cristi. Agora dura dende o sábado ata o domingo da semana seguinte. Incrementáronse o número de actividades. Cambiou o de correr o boi a unhas xornadas festivas. Unha recreración de calidade histórica coa Procesion de Xan de Arzúa. O xantar medieval na barreira. Fóronse implantanado as actividades de gran calidade. Temos tamén os veciños de Roimelo. Foi un proceso e unha implicación social moi boa. A decoración das rúas, homes do sedeño, gremios, apartado cultural e musical. Charangas, gaiteiros galegos, Zés Pereiras. Sempre estamos abertos a novas propostas e a innovar.

As frases

  • Sempre ten riscos pero o noso obxectivo é intentar que a xente desfrute do boi
  • É unha forma para que a xente entenda e vexa que hai que tomar precaucións, para evitar problemas
  • O importante e poder seguir mantento as crias do boi e seguir tendo boi con boas condicións
  • Poucas vilas poden ter esta recreación histórica. Centos de persoas recreando a historia do Xan de Arzúa

Te puede interesar