Os pais de Xunqueira piden cinto no autobús

O autobús da empresa Mombús que realiza a liña Xunqueira de Espadanedo-Maceda tanto para o colexio como para o instituto non ten cintos de seguridade, polo que os pais remitiron queixas á empresa de transporte e á Consellería de Mobilidade dende o comezo do ano sen resultado, segundo afirman. Aseguran os pais que todos os autobuses do resto das liñas contan con eles, pero os nenos que viaxan dende Xunqueira ata Maceda, entre os que se inclúen catro nenos de tres anos, fano sin dispositivos de retención de ningún tipo. "Incriblemente, isto é legal. Aínda que a lei esixe que os autobuses escolares teñan menos de 10 anos, un de ata 16 (este é do 2007) pode facer o transporte se a empresa acredita que xa estaba facendo ese tipo de transporte, ou se presenta un certificado de desguace de outro vehículo", sinalan.

Te puede interesar