O “Peto dos desexos” repartirá 1.000 euros

Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, e María López, concelleira de Comercio, lembraron que mercar en Allariz “sempre ten premio”, porque ademais de dinamizar a economía local, “estamos axudando aos nosos veciños e xerando emprego”.

O “Peto dos desexos” regresará a Allariz polo Nadal e co obxectivo de repartir 1.000 euros en premios entre os fieis compradores e clientes do comercio local e da hostalería alaricana. 

Dende o vindeiro 2 de decembro e ata o 6 de xaneiro, poderase participar nesta campaña. Nela sortearanse dous premios de 250 euros e cinco de 100. Para optar a estes premios, os clientes deberán xuntar tíques de compra ata alcanzar un valor de 30 euros, o que permitirá unha participación e así sucesivamente. Os comprobantes serán depositados, xunto coa tarxeta dos desexos, nalgún dos petos que estarán situados no Alto do Portelo e na entrada da Alameda. O sorteo terá lugar nun acto público que se celebrará ás 11,00 horas diante do Peto dos Desexos do Alto do Portelo. 

Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, e María López, concelleira de Comercio, lembraron que mercar en Allariz “sempre ten premio”, porque ademais de dinamizar a economía local, “estamos axudando aos nosos veciños e xerando emprego”.

Te puede interesar