ALLARIZ

Os populares de Maceda deixan de gobernar coa maioría absoluta

Tras a saída de Grande do grupo de goberno, o Partido Popular queda con cinco concelleiros

Grave xiro o que deu a política municipal en Maceda logo da saída como tenente de alcalde e integrante do grupo de goberno de José Luis Grande. O vindeiro luns, na xunta de goberno, serán redefinidas as funcións entre os concelleiros restantes "con absoluta tranquilidade e serenidade. Foi unha decisión persoal do tenente de alcalde, porque diferenzas sempre hai, pero teño moi claro que el é un home que está polo pobo e non teremos ningún problema naquelas cuestións máis destacadas que teñamos que abordar", aseguraba onte Rubén Quintas, o rexedor local. 

Tras a saída de Grande do grupo de goberno, o Partido Popular queda con cinco concelleiros; Compromiso por Galicia, con catro; PSdG-PSOE, con un, e o grupo de non adscritos con outro, ocupado polo edil saínte. Aínda así, dende as filas dos populares non descartan reconducir a situación: "Son un home de diálogo e sentaremos a falar", dixo o alcalde.

Te puede interesar