Xinzo de Limia

Espadanedo mellorará as súas infraestructuras

O concello recibiu do goberno galego achegas por un valor de 640.000 euros coas que se mellorou este municipio

O alcalde de Xunqueira de Espadanedo, Carlos Gómez Blanco, achegouse ata Ourense para manter un encontro coa delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, e facer balance da colaboración mantida entre ambas institucións ao longo do derradeiro mandato e seguir traballando a prol de acadar novos acordos para mellorar as infraestruturas e a vida social deste municipio ourensán. 

Por unha banda, Díaz Mouteira recordou que, nos últimos catro anos, este concello recibiu do Goberno galego achegas por un importe de máis de 640.000 euros.

Así, as diferentes consellerías da Xunta concederon ao municipio de Xunqueira de Espadanedo máis de 340.000 euros en materia de subvencións; máis de 215.000 euros en convenios, e preto de 80.000 euros pertencentes a outras actuacións.

Segundo subliñaron ambos representantes institucionais, estas achegas permitiron sacar adiante proxectos como a mellora de infraestruturas turísticas, fundamentalmente centradas nos accesos e iluminación da contorna do mosteiro Santa María de Xunqueira de Espadanedo, no que se empraza a Casa do Concello.

Tamén se mellorou a eficiencia enerxética na luz pública exterior do núcleo de poboación de Niñodaguia e se concederon dúas Casas do Maior. Do mesmo xeito, realizáronse proxectos de enerxías renovables, e a Xunta contribuiu á reparación dos danos provocados polas riadas de xullo de 2018, así como a poñer en marcha distintas iniciativas relacionadas coa prevención e defensa contra os incendios forestais.

Díaz Mouteira reiteroulle o seu apoio ao alcalde de Xunqueira para seguir mellorando a vida do municipio.

Te puede interesar