Ecoagro

Os productos da horta palían a merma das vendas na Reserva

Logo dun Nadal "moi bo" para os produtores, os peches e a costa de xaneiro mudaron a tendencia

Mañá de compras en Allariz -pasada por auga- coa celebración do Mercado de Produtos da Reserva da Biosfera e a feira dos sábados na Barreira limitada, como xa se fixera hai unha semana, a bens agroalimentarios. O mercado, e tal e como subliñou a responsable deste tipo de eventos na vila alaricana, María López, é un servizo que nunca se pechou por mor da pandemia, xa que se considera unha actividade esencial, sen embargo, a crise tamén afecta actualmente aos productores da contorna, pois no peor dos casos a merma nas vendas neste espazo -a comezos deste 2021- é dun 80 por cento, no mellor, do 60 por cento. 

A crise do covid-19, os peches que se están dando no resto da comunidade -en cidades coma Santiago, Ourense ou Vigo, os emprendedores alaricanos teñen fieis compradores- e a temida costa de xaneiro revélanse como os principais motivos desta diminución. Este sábado participaron no mercado unha decena de produtores pero, tal e como apuntaron, o número de visitantes non superou os 150 -un sábado de verán supéranse as 500 persoas-. "No noso caso, as vendas cairon nun 65 - 70 por cento. Independentemente da pandemia, aquí ai dous meses críticos: outubro e xaneiro. Se aínda por riba agora lle sumamos o que estamos vivindo, pois empeora a cousa", relata Carlos Estévez, de Queixo O Rexo. "O Nadal foi moi bo, non contabamos que tanto, e o verán foi espectacular. No Rexo, en cuestión de vendas, nunca tivéramos un periodo estival así", engade. 

A saturación de doces despois do Nadal, sumada á mencionada situación de crise sanitaria, tampouco axudou onte a incrementar as vendas no posto de Petelo. "Después de la Navidad hay menos consumo, en general. En nuestro caso y debido al propio producto, relacionado con la repostería, pues es ya menor en enero y febrero porque la gente está saturada. También notamos la falta de movilidad de ayuntamientos contiguos", di Ramiro José Quintana, de Petelo. "Para nosotros es importante el turismo, pues nuestros productos se llevan como regalo", engade. 

No caso dos agricultores e produtos de campo, pola contra, a merma non é tan significativa, xa que se trata de vendas máis lineais, e onte este feito notouse no mercado. "Nós, ao ter produtos primarios, notamos menos esta baixada nas vendas. Este ano, incluso, penso que vendemos máis que outros anos porque quizais a xente desprázase menos e achégase aquí ao mercado", opina Miguel Morales, promotor de Hostalizas e Mel Mimá. 


XEL HIDROALCÓLICO DE LEITE DE BURRA, ÉXITO DE VENDAS

Na asociación Andrea notaron, no mercado, unha importante merma -dun 80 por cento- nas vendas dos produtos que ofrecen -Xabóns D´Allariz-para autofinanciar a súa actividade, sen embargo, o xel hidroalcohólico é un éxito. "Tiene una gran aceptación, pues incrementamos la eficacia higiénica del jabón y mantenemos la suavidad", di  Elsa Pérez, psicóloga. 

Te puede interesar