Allariz

Programa de atención a adolescentes, en Allariz

Allariz

Programa de atención a adolescentes, en Allariz

Está dirixido a xóvenes que se atopan en dificultades e necesitan dun contexto no que recibir apoio

O Concello de Allariz, a través da Concellería de Benestar Social, e ASEIA (Asociación para a Saúde emocional na Infancia e a adolescencia), veñen de renovar ata o 31 de decembro de 2022 o convenio de colaboración para dar continuidade ó "Programa Alento para Atención de Adolescentes en Proceso de Inclusión Social". Este programa está dirixido a adolescentes que se atopan en dificultades e necesitan dun contexto no que recibir apoio e intervención profesional por parte de especialistas en adolescencia dos eidos da psicoloxía, a educación social e o traballo social. Alento propón unha intervención multidisciplinar atendendo aos aspectos educativos, laborais, de orientación académica, psicolóxicos e sociais.