Allariz

Protección Civil reúne en Allariz a 400 voluntarios

Os efectivos deste servizo participaron nunha nova xornada de formación e convivencia

Case 400 voluntarios de Protección Civil participaron este sábado na IV Xornada de Convivencia que se celebrou en Allariz. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a importancia do traballo das agrupacións de Protección Civil a prol da cidadanía galega, no marco deste evento, onde asisitiu acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva. Tamén estiveron presentes a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid e outras personas vinculadas aos servicios da Xefatura Provincia de Tráfico.

Alfonso Rueda indicou a importancia que teñen no eido das emerxencias e o labor que levan a cabo os voluntarios de Proteccion Civil "pola axuda e apoio aos demais de forma desinteresada, sendo un piar básico das emerxencias de Galicia". 

A Xunta "leva colaborando dende hai anos coas Agrupacións coa finalidade de que poidan  contar cos medios necesarios para levar a cabo as súas funcións, co obxectivo de que todas as Agrupacións conten como mínimo cun vehículo tipo pick-up, un remolque con material de atención a emerxencias e material específico dependendo da tipoloxía de risco máis frecuente no concello, como é o caso de esparexadores de sal ou cuñas quitaneves en zonas de montaña ou embarcacións en concellos de costa".

Así o puxo de manifesto a Xunta nunha nota referida ao encontro cerlebrado onte en Allariz.

Anualmente, ademais, se convocan axudas para o seu funcionamento e se asinan convenios específicos para determinadas funcións como a vixilancia nos camiños de Santiago, onde os voluntarios contribúen a garantir a seguridade dos peregrinos e a prestar unha primeira asistencia en caso de emerxencia.


Guardia Civil


Por outra banda, nas sesións celebradas neste encontro participaron activamente efectivos da Garda Civil. Os tenientes de Tráfico de Ourense e Verín participaron en charlas, obradoiros e simulacros organizados. No salón de actos da Casa de Cultura proxetouse un video no que a Garda Civil deixou patente o seu agradecemento e recoñecemento polo labor desenvolvido polos voluntarios de Protección Civil. O video contiña imaxes nas que particiaron conxuntamente efectivos deste corpo cos membros da Guardia Civil. 

Te puede interesar