Proxéctase a recuperación de 13 pombais alaricanos

undefined
photo_camera Luis Lera, Antonio Blanco, César Lorenzo, Carmen Blanco, Dani Pozo e Cristina Cid na presentación. (Xesús Fariñas)
Outro obxectivo é xerar actividade económica coa cría de pichóns

O pombal de Tras San Benito foi o espazo escollido para presentar o libro “Pombais de Allariz”, de Antonio Blanco; editado pola Aira das letras e patrocinado polo Restaurante “O Pepiño de Allariz”. Ademais, na mesma cita, anunciouse un plan para recuperar, restaurar e revalorizar os 13 pombais que existen en territorio alaricano na liña de preservar o patrimonio local, por un lado, e activar a economía e a restauración da vila, polo outro. Tamén se fixo unha demostración de cociña por parte do Restaurante Lera e O Pepiño. 

Anxo Quintana, responsable de O Pepiño e impulsor desta iniciativa, explicou que a idea é “iniciar un proceso para rehabilitar todos os pombais e enchelos de pombas para a cría de pichóns e para xenerar economía e riqueza”. Quintana defendeu que a riqueza destas antigas estructuras traspasa as fronteiras alaricanas e chega a moitos outros concellos da provincia de Ourense, polo que é importante coidalas e preservalas: “Quedaron esquecidas e moita xente descoñece a súa existencia. Hai persoas que pasan por diante dun pombal e non saben que o é”, lamentou o empresario. 

Nun primeiro momento buscarase poñer os pombais en valor para, posteriormente, rehabilitalos arquitectónicamente. “O plan consistiría en chegar a un acordo cos propietarios dos pombais”, sinalou Quintana. “Queremos intentar que diferentes institucións, o Concello e entidades sociais participen neste proxecto coordinado para que, finalmente,  nos restaurantes de Allariz e nos de Ourense un dos pratos sexa o pichón de pombal”, engadiu.

O Restaurante O Pepiño forma parte da Cooperativa de pichones de Castilla y León” e importa estas aves para o servizo de restauración.  Luis Lera, do Restaurante Lera -conta cunha Estrella Michelín- estivo presente no acto e  falou sobre a historia dos pombais en España -o máis grande atópase en Cádiz- e esta cultura ao redor da península ibérica. 

Antonio Blanco, pola súa banda, fixo unha reseña sobre a función económica e social dos pombais.

Te puede interesar