Allariz

Santa Mariña de Augas Santas, punto de encontro dos románticos da cestería galega

Allariz

CESTERÍA GALEGA

Santa Mariña de Augas Santas, punto de encontro dos románticos da cestería galega

Un dos fixos na convocatoria, "Carliños" González, rematando un dos seus cestos.
photo_cameraUn dos fixos na convocatoria, "Carliños" González, rematando un dos seus cestos.

Santa Mariña de Augas Santas festexou a novena convocatoria da súa tradicional festa dos cesteiros galegos, onde se albiscaron novidades

Case dez son os anos que a localidade de Santa Mariña de Auguas Santas leva sendo o punto de encontro dos cesteiros máis enxebres pero tamén -polo visto no día de onte- máis innovadores do sector. Ao longo da xornada pasaron dúcias de persoas interesándose na oferta creativa destes románticos que loitan, con iniciativas como ésta posta en marcha hai xa nove anos, por manter viva a tradición. Infinidade de cestos, nasas, ou mesmos sombreiros elaborados con folla de millo por Esther Rodríguez, sen descuidar as espectaculares corozas do mestre Álvaro Martínez Leiro -un fixo na convocatoria- ou as máis rompedoras propostas de Lola Tourón, con vestidos feitos íntegramente de mimbre compartiron protagonismo con Rubén Berto Covelo ou "Carliños" González. Por suposto, alí estaba a meirande parte dos primeiros alumnos da escola municipal que puxo en marcha "Toño " O Cesteiro, entre eles, Isabel Martínez Leboreiro, Pilar Vila, Carmen Fernández, Manola Estévez, Valentín Varela ou Ana María Barbaby Jane. E o que é arestora o novo titor, Sergio Moreno Solana 

Non faltou a Banda de Allariz, dirixida polo mestre José Vega e facendo da sesión vermú unha cita obrigada coa música no adro da igrexa no día do Encontro.

Logo, o xantar, de catering, pero sen descuidar o enxebre da terra alaricana, a súa carne de boi. E, entre os comensais, outro fixo que de sempre se puña os fogóns, o excalcalde da vila Francisco García, que a súa dereita tiña a que ata o mes de xuño foi a súa segunda de a bordo, Cristina Cid.