ALLARIZ

Rebulir dá a coñecer aos galardoados deste 2018

Guadi Galego, Carlos Blanco e Raigame recibirán o premio en decembro

Guadi Galego, na categoría musical; Carlos Blanco, nas artes escénicas, e a Romaría Raigame como premio homenaxe son os galardoados desta edición dos Premios Rebulir da Cultura Galega. O Centro Cultural Marcos Valcarcel da Deputación de Ourense acolleu onte a reunión do xurado para decidir o seu fallo. Neste acto tamén participaron a presidenta do colectivo, Sandra González; o secretario, Alexandre Sotelino; a directora administrativa, Susana Durán; o alcalde de Ramirás, Juan Carlos Rodríguez; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, e o profesor da Universidade de Vigo Xosé Cid. 

A acta foi asinada con posterioridade por Miguel Santalices, presidente de honra deste premio e do Parlamento Galego nunha reunión celebrada con Alexandre Sotelino Losada, profesor da USC, director artístico e académico do festival e un dos membros do xurado. 

Os Premios Rebulir da Cultura Galega son un recoñecemento a persoas ou colectivos que contribúen á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións. As tres categorías premiadas son música galega, patrimonio oral inmaterial e premio homenaxe. Ten entre os seus galardoados a Uxía, Xosé Ramón Gayoso, Leilía, Kepa Junkera, María do Ceo, Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán, Xosé M. Piñeiro ou Rubén Riós. Unha listaxe na que tamén se atopaba, desde o ano pasado, o poeta de Escudeiros Lois Antón, cuxo pesar polo seu falecemento o pasado fin de semana quedou recollido na acta.

A entrega dos galardóns terá lugar o 22 de decembro, no Picouto, en Ramirás, na gala central do Festival Internacional Rebulir.n

Te puede interesar