SOLIDARIEDADE

Recollida de material en solidariedade cos refuxiados

A campaña comezou onte e desenvolverase ata o 5 de abril.

Veciños e establecementos de Allariz puxeron en marcha unha campaña de recollida de material en solidariedade cos refuxiados. A campaña comezou onte e desenvolverase ata o 5 de abril. Os materiais a recoller son os de parafarmacia , como vendas e gasas, esparadrapos, tiritas, chupetes, betadine, toalliñas, cristalmina, ou ben material de hixiene, como xabón e xampú, compresas, pañales, peines, loción de piollos, etc.
Os locais nos que se poden depositar son o Bar Arnoia, Erosky City, Parafarmacia Querqus, Farmacia Vilanova, Casa da Mocidade, Fogar dos Maiores, Calzado Shoesland, Piscina Municipal e Herboristería Vida Sana.

Te puede interesar