Rutas, obradoiros e campionatos para que a mocidade alaricana disfrute do outono

As iniciativas desenvolveranse ata o vindeiro 17 de decembro e estarán dirixidas a todos os públicos, aínda que nos casos de actividades nas que existan límite de prazas priorizaranse as reservas feitas por posibles participantes con idades comprendidas entre os 13 e os 33 anos de idade

Logo de rematar a tempada de verán, a Casa da Mocidade e o Concello de Allariz -a través da concellería de mocidade- deseñaron a programación para o disfrute dos máis novos da vila este outono e que incluirá, entre outras propostas, rutas astronómicas e de sendeirismo, música e percusión, pintura, micoloxía, campionatos de ping pong ou escape rooms. 

As iniciativas desenvolveranse ata o vindeiro 17 de decembro e estarán dirixidas a todos os públicos, aínda que nos casos de actividades nas que existan límite de prazas priorizaranse as reservas feitas por posibles participantes con idades comprendidas entre os 13 e os 33 anos de idade. Para obter máis información ao respecto e formalizar as inscricións nas distintas propostas será necesario remitir un correo á dirección [email protected].

A oferta lúdica inclúe, concretamente, unha ruta astronómica con posterior subida a Trevinca, un obradoiro de percusión brasileira e latina, un taller de iniciación á pintura con acuarela, a ruta da ortiga, un curso de iniciación á micoloxía, outro de billar, un scape room pola Ribeira Sacra, un campionato de ping pong e un obradoiro de cosmética natural. 

Por outro lado, continúa aberto o prazo de matriculación nos cursos de batucada adulta e infantil, guitarra e batería.

O Concelleiro de mocidade, Iago Santás, agarda que a programación “dé resposta aos intereses e necesidades da nosa mocidade, e que haxa unha participación importante, xuntando aos mozos e ás mozas en actividades nas que poidan compartir momentos de ocio e lece

Te puede interesar