Segunda edición do festival da arte da ilustración "Allariz debuxado"

Terá lugar os vindeiros días 26 e 27 de xaneiro

Allariz acollerá os vindeiros días 26 e 27 de xaneiro a segunda edición do festival da arte da ilustración "Allariz Debuxado". O director de Aira editorial, César Lorenzo Gil, será o encargado de inaugurar, o venres ás 12,00 horas, unha nova edición do encontro que, en sesión de mañá, contará co relatorio de Celsius Pictor. O ilustrador exporá durante o festival alaricano a mostra "As doce probas de Heracles" no espazo de arte Galería Circular.

Pola tarde, ás 17,00 horas, está prevista a mesa redonda "A aventura de publicar o primeiro libro" con Jorge Campos, Mariana Aravena, Lidia Noko Noko, Xulio Pisón e Sonia García Vidal. María Pascual de la Torre será a encargada de pechar a primeira xornada.

A programación continuará o sábado ás once da mañá co relatorio de Víctor Coyote e, de 12,00 as 18,00 horas, está prevista a celebración da "Feira da Ilustración" na praza da Torre Lombarda, onde os veciños e visitantes poderán adquirir productos e libros ilustrados, ademáis de gozar da animación urbana. Ademáis, no Espazo BenComún haberá presentacións, sinaturas de exemplares e conversas entre ilustradores e afeccionados. O relatorio de Juan Berrio porá, ás 18,00 horas, o broche final a esta segunda edición de "Allariz Debuxado". 

O evento é posible froito da colaboración de entidades e empresas locais.

Te puede interesar