O Tangaraño de Xunqueira de Ambía chega á súa quinta edición

rochis
photo_camera A organizadora Rochi Nóvoa.

O día rematará ca "Hora Tangarañeira", na que Manuel Nóvoa e Antonia Vázquez ofrecerán a queimada de rigor

Xunqueira de Ambía volverá hoxe a vivir un xornada tan particular como as anteriores catro. Ó longo do día terá lugar unha nova edición do coñecido Tangaraño Cultural, que como cada ano dende a súa instauración organizada a poeta ourensán Rochi Nóvoa, nada nesa localidade. 

Cara o mediodía está previsto que comencen as actividades lúdicas co concerto de Os Ghalistreros, con Puntxa Rivera. Continuará unha cata de mel e unha charla informativa, que dará paso ó xantar popular programado.

Pouco despois, ás 15 horas, terá lugar unha sesión de contacontos con Jorge López e Isabel Ponte, seguida da música da Nickel Harpa de Xan Manoel Aparicio. Ás 16,30, turno para os cantautores Andrés Fernández e Anxo Blas. O documental "Un país de cinzas" (18,00 horas) dará paso á entrega da mención de honra "Tangarañeira" (19,00 horas). Roberto Salgado e Horacio Villar, coa súa música, precederán a Víctor Gulías, Adela Figueroa, Xurxo Valcárcel, Carlos Rafael, Horacio Villar, Elena Pulgarín e á nai do evento, Rochi Nóvoa. Nacho Martínez á guitarra estará acompañado por Gándara ás 21,30 horas, antes de que o grupo carballiñés Amal Quartet inicie un concerto dunha hora ata que o Reverendo Can poña fin ás actuacións. Rematarase cunha queimada.

Te puede interesar