RURAL OURENSANO

O traballo en rede, o reto dos labregos deste século

<p></p>
photo_camera Unha das sesión desenvoltas no Fogar dos Maiores de Allariz.

Os asistentes tamén tiveron tempo de coller nota sobre as craves para sacar adiante un proxecto no rural

Allariz pechaba este domingo á tarde a terceira edición do Foro Labrego de Agroecoloxía, organizado polo Sindicato Labrego Galego coa colaboración do Concello. Ao longo do fin de semana, una ducia de relatores abordaron ante preto dun centenar de labregos galegos as dificultades e os retos que atravesa o rural do século XXI.

O programa, que arrancou o sábado coa visita ao mercado da Reserva da Biosfera que representa un escaparate do que se cultiva e elabórase na Área de Allariz, contou coa testemuña sobre proxectos innovadores que tiñan como denominador común a agroecoloxía, como unha conserveira de froitas, hortalizas ou cogomelos, unha empresa de viño ecolóxico ou un proxecto colaborativo que púxose en marcha na Coruña sobre un matadoiro móbil e unha cociña colaborativa para a transformación de alimentos.


Unha gran empresa


Ao longo do fin de semana houbo tempo para falar da importancia da colaboración e de traballar en rede e, nese senso, os asistentes puideron coñecer a importancia do proxecto BOND que persegue desenvolver un sector agrícola máis forte, sostible e harmonioso en Europa, pero tamén da rede Revolta que procura ser un lugar de encontro e debate ao redor da agroecoloxía e o medio rural, da Escola de Acción Campesina -da que este ano forma parte o labrego de Cartelle Santi Rodríguez- ou da Vía Campesina.

Os asistentes tamén tiveron tempo de coller nota sobre as craves para sacar adiante un proxecto no rural, e que segundo o obradoiro de Jorge Molero Cortés, sempre pasan porque sexa sostible dende un punto de vista económico. Como anfitrioa, a alcaldesa Cristina Cid destacou na presentación do foro o papel que ten dende fai tempo o Concello de apoiar microproxectos no rural (gandeiros, de leite, queixo, mel, castañas, cervexa,... ) "que, ao final, forman unha gran empresa", dijo.

Te puede interesar