ALLARIZ

Ultima fase do Programa Clara de emprego feminino en Allariz

Esta fase formativa rematará no vindeido mes de maio e será daquela cando comece a última fase do programa, consistente na busca activa de emprego e autoemprego e o seu acompañamento.

O Programa Clara, que organiza o Concello de Allariz, coa colaboración do Instituto da Muller e o Fondo Social Europeo, está a iniciar a súas dúas últimas fases. Esta iniciativa ten como obxectivos fundamentais incrementar a empregabilidade das mulleres e mellorar as súas expectativas e calidade de vida a través do desenvolvemento persoal, así como mellorar a súa cualificación para o emprego.

O programa chega en allariz á recta final coa formación específica das mulleres participantes dirixida á inserción laboral. Logo do estudo das motivacións e experiencias de grupo, así como a realidade laboral local, decidíronse dúas vertentes formativas nas que se dividiu o grupo. Por unha parte, abordarase a formación en textil-acabados en confección, e por outra, o deseño de productos turísticos. A primeira delas, levarase a cabo coa colaboración da Fundación Ramón González Ferreiro e no curso, que será impartido por Marina Caldas, participarán un total de 14 alumnas.

No que atinxe ó curso de deseño de produtos turísticos, busca aportar formación e información turística que facilite ás mulleres participantes no mesmo unha vía de emprego. Asistirán a esta actividade once mulleres e a formación será impartida por Manuel Rodríguez, en colaboración coa Universidade de Vigo.

Esta fase formativa rematará no vindeido mes de maio e será daquela cando comece a última fase do programa, consistente na busca activa de emprego e autoemprego e o seu acompañamento.

Te puede interesar