Os vehículos agrícolas poderán revisarse en Allariz en marzo

A unidade móvil localizarase no Seixo entre o 1 e o 4 de marzo. 

O Concello de Allariz informou nas últimas horas que a Unidade Móvil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desprazarase ata a vila durante o vindeiro mes de marzo para que os propietarios dos vehículos destas características, interesados en someterse a esta revisión periódica, poidan solicitar cita previamente. 

O dispositivo de inspección ubicarase na vila alaricana entre os próximos 1 e 4 de marzo, concretamente, estará localizado no campo de fútbol de Allariz, no Seixo, en horario de 09,00 horas a 13,30 horas, pola mañá; e de 15,15 a 18,00 horas, pola tarde. Para solicitar a correspondente cita previa, as persoas interesadas deberán chamar ao teléfono 902 30 90 00 ou ben acceder a www.sycitv.com.

Te puede interesar