ALLARIZ

A vila acolle desde hoxe o I Festival da Arte da Ilustración

<p></p>
photo_camera Miguel Robledo, César Lorenzo e Francisco García durante a presentación do Festival.

Inclúe obradoiros, traballos na rúa, coloquios e unha retrospectiva sobre persoeiros históricos 

Allariz acollerá ao longo das xornadas de hoxe e mañá o proxecto "Allariz debuxado. I Festival da Arte da Ilustración". Promovido pola Escola de Arte Antonio Faílde e a libería Aira das Letras, o obxectivo desta iniciativa é "facerse eco da boa época que está a vivir o mundo da ilustración, que está a entrar nos máis diversos ámbitos", segundo sinala César Lorenzo, unos dos organizadores do Festival, que pon como exemplo a proliferacion desta arte non só nos libros, os debuxos animados ou os comics, senón tamén en ámbitos urbáns, como as pinturas que proliferan en muros e medianeras de moitas vilas e cidades.

O Festival foi presentado onte pola mañá en allariz, nun acto presidido polo alcalde alaricano, Francisco García, e no que estiveron presentes o ilustrador e historietista Miguel Robledo e César Lorenzo.

O Festival comeza hoxe, a partir das 12,15 horas, no salón de actos do Fogar dos Maiores, cunha charla da cadernista Isabel Seidel. De seguido, desenvolverase un obradoiro sobre cadernismo polas rúas e rutas de Allariz e pola tarde, ás 18,00 horas, haberá unha reunión para facer o balance final.

Ás 19,00 horas, o ourensán Miguel Robledo protagonizará unha charla coloquio sobre "Allariz ilustrado como imaxe de marca.

Ás 22,00 horas, na cafetería do hotel Rosa Castelá, terá lugar un encontro entre ilustradores afeccionados e profesionais, para coñecerse e intercambiar proxectos e ideas.

Mañá sábado, o programa abrirase ás 10,30 horas, coa charla-obradoiro "Calles Encontradas", que dirixirá o ilustrador e historietista madrileño JuanBerrio, finalista do Premio Nacional Español de Banda Deseñada de 2011 e Premio Internacional de Novela Gráfica 2012.

Na tarde do sábado, a partir das 17,00 horas, terá lugar o plato estrela do Festival, coa charla coloquio titulada "El animalario vertical. El regreso del profesor Revillod", que protagonizará el ilustrador Javier Sáez Castán, Premio Nacional Español de Ilustración 2016 y que presentará en la villa su último libro.

Simultáneamente, a Galería Circular, situada na rúa Lobariños, acollerá a exposición "Clásicos reseteados", que recolle unha retrospectiva gráfica de persoaxes e historias emblemáticas do mundo da ilustración.

Te puede interesar