Allariz

Xunqueira de Ambía festexa os premios “Falando 
de solidariedade"

Allariz

Xunqueira de Ambía festexa os premios “Falando 
de solidariedade"

O municipio de Xunqueira de Ambía adianta a hoxe a festividade das Letras Galegas cunha celebración artístico-musical, e cunha dedicatoria especial a Celtia e Eva, dúas mozas do municipio fallecidas o ano pasado no accidente ferroviario de Angrois (Santiago de Compostela).

Os actos, que comenzarán as 17,45 horas na Colexiata de Xunqueira de Ambía, están ligados á entrega dos premios do primeiro concurso de debuxo, conto e relato "Falando de solidariedade", convocados polo colexio Padre Crespo de Xunqueira coa colaboración das bibliotecas de Allariz e Xunqueira, tanto dos colexios de Infantil e Primaria e do Instituto, como as municipais, ademáis de Aira das Letras. Así mesmo, haberá diferentes actuacións musicais e narrativas, obradoiros para nenos e merenda popular para os asistentes no local social das "Escolas Vellas".

Te puede interesar
Comentarios