tierras

Xunqueira de Ambía recupera terras agrarias

A consellería de Medio Rural e o Concello impulsan a súa colaboración para loitar contra os incendios forestais

O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse co alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes, "para impulsar a recuperación e posta en valor de terras agrarias neste concello ourensán", segundo informou a consellería. 

O rexedor interesouse polo proxecto de "aldeas modelo" que impulsa a Xunta dentro da prevención fronte os incendios forestais e falou da posibilidade de presentar a candidatura dun núcleo do seu municipio para formar parte desta iniciativa. A consellería lembra que nas aldeas modelo a Xunta executa a limpeza nas franxas situadas preto das vivendas, "co compromiso de crear actividade agrogandeira nelas, co obxecto de que funcionen como devasa natural fronte á ameaza dos incendios". 

Neste caso trataríase de mobilizar unhas 100 hectáreas con esta finalidade. Na xuntanza, o titular de Medio Rural entregoulle ao alcalde o modelo de adhesión para que poida incorporarse ao convenio de protección das aldeas asinado entre a Consellería do Medio Rural, a Fegamp e Seaga "que ten como finalidade, precisamente, intensificar a defensa das aldeas e dos seus habitantes diante do lume", segundo a Xunta. No encontro de traballo, no que tamén participaron os directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, avanzouse ademais noutros aspectos relacionados coas infraestruturas rurais neste municipio. 

Te puede interesar