Xunqueira aposta polos polígonos agroforestais

211124_alcalde_Xunq_Ambia_cons_MR (1)
photo_camera José González, José Luis Gavilanes e Inés Santé durante a xuntanza de traballo.

Estaría dirixido ao cultivo de cereal e podería chegar ás 100 hectáreas

Do mesmo xeito que se está a facer noutros puntos da provincia, en xeral, e na Comarca de Allariz Maceda, en particular -caso de Paderne de Allariz-, o Concello de Xunqueira de Ambía vén de sumarse á aposta polos polígonos agroforestais como unha vía para a posta en valor de terras en desuso. 

Así, o rexedor local, José Luis Gavilanes, desprazouse esta mesma semana ata Santiago para manter unha xuntanza de traballo con José González, conselleiro de Medio Rural, e Inés Santé, directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, na que acordaron a implantación de dito polígono para producir cereal para a Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego. 

Técnicos da Xunta desplazaranse ata Xunqueira, concretamente, ata Sobradelo, para explorar o terreo, de 100 hectáreas.

Te puede interesar