Xunqueira reforza os servizos sociais para o concello

Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) acompañado de Jose Luis Gavilanes Losada (Alcalde do Concello de Xunqueira de Ambía) realizan unha visita a diferentes partes do Concello, como a nova Casa do Maior, ó CEIP Padre Creso donde recíbenos o seu director , Javier Pérez Gallego, entre outros lugares.
photo_camera José Luis Gavilanes xunto a Manuel Baltar visitando aos maiores.
Na súa visita a Xunqueira,  o representante provincial achegouse ata o colexio público “Padre Crespo” de Xunqueira de Ambía. Alí destacou o “positivo feito diferenciador” que supón o feito de contar cunha matrícula de 115 escolares nun concello que ten un censo de 1.600 habitantes.

Un total de doce usuarios son os que ten na actualidade a vivenda comunitaria de Xunqueira de Ambía. Un espazo que ocupa as antigas instalacións da Garda Civil, adquiridas polo ente local e que foron rehabilitadas pola Deputación de Ourense para ofrecer este servizo social aos veciños maiores. Ademais, esta adecuación permitiu xerar seis postos de traballo. 

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou as instalacións xunto ao alcalde, José Luis Gavilanes, e reiterou a “firme aposta da Deputación para a colaboración cos gobernos locais” e o xeito no que se impulsou esta vivenda comunitaria “activando a economía local e ofrecendo un servizo máis á veciñanza”. 

Na súa visita a Xunqueira,  o representante provincial achegouse ata o colexio público “Padre Crespo” de Xunqueira de Ambía. Alí destacou o “positivo feito diferenciador” que supón o feito de contar cunha matrícula de 115 escolares nun concello que ten un censo de 1.600 habitantes. Neste senso, puxo en valor as “numerosas” actividades extraescolares que organiza  e comprometeuse tamén a estudar a petición de construír un rocódromo pensado para os rapaces. 

Por outra banda, dende o Concello de Xunqueira tamén se solicitou maquinaria para acondicionar unha finca anexa ao recinto escolar, cedida por unha veciña, que permitirá ampliar a zona de xogos dos nenos, e fíxose outra petición de colaboración para a mellora dun parque infantil.

Manuel Baltar e José Luis Gavilanes repasaron, con motivo do encontro, outras actuacións nas que coopera o organismo provincial, entre elas, a mellora do trazado da estrada entre Xunqueira e San Cibrao, ou a construción do cemiterio de Abeleda, que en dúas fases posibilitará facer preto de 200 sepulturas. Tamén se abordou o empedrado de 200 metros entre as prazas do Campo e do Concello.

Te puede interesar