BAIXA LIMIA

Alumnas do IES de Bande gañan o certame “Tíralle da lingua"

Andrea Álvarez Penín, de carto da ESO, consegiu o primeiro premio da categoría dos maiores, mentras que Ares Lamas González, de segundo da ESO, obtivo o segundo premio da súa categoría.

Duas alumnas do Instituto Aquis Querquennis de Bande resultaron galardoadas na fase final do certame de relato oral "Tíralle da Lingua", convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Andrea Álvarez Penín, de carto da ESO, consegiu o primeiro premio da categoría dos maiores, mentras que Ares Lamas González, de segundo da ESO, obtivo o segundo premio da súa categoría.

O salón de actos do compostelán IES Rosalía de Castro celebrouse a fase final cunha ampla representación de alumnos de centros de ensino de Galiciae onde os catro finalistas do Instituto de Bande tiveron unha moi boa participación. "As historias contadas por todas estas alumnas inspiráronse tanto na tradición popular autóctona coma na literaria", subliñaba Xoan Carlos Domínguez Alberte, coordinador do Equipo de Normalización e Dinamización Linguistica do centro banduense.

Te puede interesar