A Asociación A Fala de Lobios festexa cos nenos o Día das Letras

A Asociación Familiar veciñal de Lobios e Arredores (A Fala) organizou para mañá venres unha pequena celebración para festexar o Día das Letras Galegas. Anxo Moure e o seu espectáculo infantil 'A música das árbores' será o encargado de abrir a programación ca súa lenda do 'carballo con botas'. Os máis pequenos da casa tamén serán os destinatarios dos obradoiros de globoflexia e maquillaxe que se desenvolverán a continuación.
As actividades comezarán, a partir das 15,30 horas, no edificio multiusos do Concello de Lobios e incluirá unha pequena merenda para todolos asistentes. O precio da entrada será dun euro para os socios e dos para o resto de visistantes.

Te puede interesar