Baltar anuncia 'comisións de estudo de cada realidade local'

José Antonio Armada y Manuel Baltar, en la sede del PP en Bande.
O candidato á presidencia do PP provincial, Manuel Baltar, comprometeu a constitución de comisións de estudo como órganos de participación, traballo e análise, no curso do encontro coa militancia en Bande. 'Estes equipos de traballo perseguirán -segundo explicou Baltar- unha visión multidisciplinar da realidade económica, social, empresarial e política da provincia, cuxo análise aportará claves para liderar as políticas do PPOU nos diferentes ámbitos, abrindo así unha senda de participación a prol do crecemento da provincia'.
Estas novas comisións estarán complementadas co relanzamento das xuntas comarcais do PP, co fin de poñer en valor as iniciativas, suxerencias e demandas propias e características de cada comarca.

Te puede interesar