BAIXA LIMIA

Bande e a Xunta apostan por impulsar o comercio

José Antonio Armada e Francisco Conde.
photo_camera José Antonio Armada e Francisco Conde.

A Consellería de Industria aconsella impulsar a iniciativa Comercio 360 

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo en Santiago unha xuntanza co alcalde de Bande, José Antonio Armada, na que abordaron, entre outros temas, "o impulso que está a dar o departamento autonómico a áreas como o comercio de proximidade e a súa dixitalización, a creación de emprego no rural e a dinamización da actividade económica e empresarial", segundo informou a propia Xunta.  

Conde expuxo as vantaxes da nova iniciativa Comercio 360, coa que se aposta pola dixitalización comercial, a economía circular e o produto local. O conselleiro puxo en valor que Bande sexa un concello emprendedor. 

Te puede interesar