semana santa

Diversión para tódolos públicos na Semana Santa de Bande

A primeira en arrancar foi o planetario itinerante instalado na Biblioteca Municipal co espectáculo "A nena que sabía camiñar do revés"

O Concello de Bande ten previsto un programa de actividades para estes días festivos de Semana Santa pensado para grandes e pequenos. A primeira en arrancar foi o planetario itinerante instalado na Biblioteca Municipal co espectáculo "A nena que sabía camiñar do revés". Nestas xornadas ampliará en horario de tarde as sesións, que durante o resto da semana foron pola mañá. 

O Venres Santo reservaráse para a historia de Bande. Dentro da programación do Xurés Walking Festival, o arqueólogo David Pérez ofrecerá unha conferencia baseada na pegada que deixaron as sociedades que habitaron a zona. Será no Aquis Querquennis a partir das 20 horas. Tamén o Mercado do Xurés abrirá as súas portas este sábado para amosar ós visitantes unha coidada selección de productos gastronómicos e artesanais da Baixa Limia.

Te puede interesar