Unha ducia de propostas encherán o Festival Rebulir

O Festival Internacional Rebulir de Ramirás vén de presentar a programación do 15 ao 18 de decembro, unha ambiciosa proposta con ducias de actividades para todos os públicos. A Gala Central terá lugar sábado 17 no polideportivo do Picouto coa participación de Rebulir, Zes Pereiras da Croca de Portugal, Inanga Rapa Nui de Chile, CyD de Huéscar (Andalucía) e Ritmos y Costumbres de Perú. Gala conducida por Rubén Riós e Patricia F. Santana que incruirá a entrega dos premios Rebulir da Cultura Galega 2022 a Fuxán os Ventos, Celso F. Sanmartín e Xosé Luis Méndez Ferrín.

Na xornada do sábado está prevista a animación matituna dos Zes Pereiras da Croca na Praza Maior de Celanova  e de Inanga Rapa Nui en Ramirás pola tarde. O domingo, serán os Zes pereiras da Croca co CyD de Huéscar os que clausuren esta edición na feira de Vilavidal. 

A programación arrancará o xoves coa  presentación do festival no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. Acto seguido sucederanse en Ramirás a apertura  da feira turístico-promocional no centro cultural do Picouto e a exposición “Luces alén do mar” no centro de saúde. Tamén haberá actividades no Espazo Xove de Ourense, no colexio Rogelio García Yáñez e na residencia do Mosteiro, ademáis da foliada itinerante polas rúas de Celanova e Ramirás.

Te puede interesar