Os “Encontros de Teatro” regresarán a Bande en maio

Imagen de archivo de unas butacas de teatro
photo_camera Imagen de archivo de unas butacas de teatro
Volver os “Encontros de Teatro Escolar e Amateur”, ondo os gañadores poden obter ata 220 euros

Alumnos e grupos de teatro amateur de ensino non universitario de Galicia están chamados a participar na edición número 28 dos “Encontros de Teatro Escolar e Amateur” de Bande. O evento volve tras a pandemia da man de Lirio do Xurés, que contará para esta ocasión coa colaboración da Dirección Xeral de Política Lingüística, ademáis do Concello de Bande, o Instituto Aquis Querquennis e o CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas da localidade.

As bases recollen que poderanse presentar ao certame obras escritas en galego cunha duración de entre 15 e 45 minutos. Poderase presentar unha segunda obra, “sempre é cando se axuste ás bases do concurso e teña unha duración mínima de 30 minutos”, matizan os organizadores, que subliñaban que as solicitudes de inscripcións poderanse enviar ata o 24 de marzo ao correo electrónico [email protected]

Os encontros terán lugar do 15 ao 19 de maio, coincidindo coa semana das Letras Galegas, no salón de actos do CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas. 

Todos os centros participantes recibirán un premio de 220 euros e un detalle de participación, agás no caso de que se considere que as obras presentadas non se axustan ás bases. Ademáis, aqueles centros que se despracen dende máis de 50 quilómetros recibirán unha compensación económica.

Te puede interesar