BAIXA LIMIA

“Entón, cal é a vosa hipótese?"

gfdsaghgfdjhgdjhgfjkjhgfkf
photo_camera Os alumnos de Educación Infantil simularon neve ante o aplauso dos asistentes.

O CEIP do Xurés celebrou a primeira edición da Feira de Ciencias, un evento no que os pequenos lles explicaron a compañeiros e familiares como funcionan o clima, a auga, a flora ou a fauna do parque natural que os rodea.

"Cal é a vosa hipótese?", preguntaban as responsables dos experimentos de localización a cantos se achegaban á súa mesa a descubrir como realizar compases de orientación con elementos naturais e unha agulla imantada. As hipóteses destes pequenos científicos xa foron formuladas ó longo de todo o curso dentro do programa "Xurés Nature".

Durante os últimos nove meses, cada curso de Primaria encargouse de estudar un eido da ciencia empregando o entorno do parque natural do Xurés como base para os seus experimentos. Onte foi o gran día. Un total de oito mesas distribuídas por todo o recinto do centro agardaban a chegada dos compañeiros dos colexios de Padrenda e Entrimo, así como a dos familiares destes novos científicos dispostos a coñecer os descubrimentos que fixeron en torno a aspectos como a auga, a flora, a fauna, a memoria ou o clima da zona.

Deste último encargáronse os alumnos de Educación Infantil. Coa emoción propia de descubrir como funciona o mundo, catro estudantes recrearon néboa, nubes e incluso neve. Un pouco de bicarbonato e outro tanto de agua foron suficientes para simular a textura da auga conxelada. "Toca, toca!", dicíanlle os pequenos ós seus familiares, emocionados por compartir con eles a celebración de que a súa hipótese acababa de facerse realidade. Para concluír a visita, os pequenos quixeron poñer a proba aos participantes retándoos a saborear dous tipos de fresas: unha cultivada de xeito ecolóxico e outra con productos fitosanitarios. Outra hipótese que poideron celebrar ó comprobar como todos preferían as primeiras, cultivadas dentro do programa "Xurés Nature".

Tanto se involucraron os pequenos no seu papel como científicos, que mesmo foron quen de contaxiarlle a súa emoción ós asistentes, que aplaudiron con euforia o resultado exitoso dos experimentos. "Son tremendos!", comentaban algúns pais entre aplausos.

Xunto a estes asistentes estivo tamén a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz, que felicitou ó centro pola iniciativa e ós alumnos polo seu bo traballo á fronte dos proxectos, así como a alcaldesa de Lobios, Mari Carmen Yáñez. Familiares e autoridades estiveron acompañados en todo momento polo director do CEIP do Xurés, Alberto Pérez, que se amosou moi satisfeito co transcorrer desta primeira edición da Feira de Ciencia. "A valoración é moi positiva" e aproveitou para agradecer tanto á Anpa de Lobios como a tódolos membros da comunidade educativa a súa implicación no evento, tanto a nivel de colaboración como económico.

Te puede interesar