baixa limia

Entrimo recadará fondos para capar gatos silvestres cun torneo de tute

idea é contar con colonias de gatos controladas que non interfiran na vida cotiá dos veciños de Entrimo

A asociación Felina de Entrimo organiza un campeonato de tute que ten como obxectivo recadar fondos para investir na esterilización dos gatos silvestres que viven na zona. O colectivo, que desenvolve a súa actividade no municipio e arredores, foi creado como unha plataforma para axudarlle ós gatos que viven na rúa mediante a organización de accións solidarias con fins recaudatorios. A idea é contar con colonias de gatos controladas que non interfiran na vida cotiá dos veciños de Entrimo. 

O torneo celebrarase o vindeiro sábado, día 24, a partir das 17,00 horas no Bar Benito da Feira Vella. O prezo da inscripción será de 10 euros por parella e a organización limitou o cupo a un máximo de 24 parellas. Os interesados poderán realizar a súa inscripción poñéndose en contacto no teléfono 690 948 457.

Te puede interesar