cultura

Entrimo reúne ó Entroido ourensán nunha mostra

José Manuel Sánchez e Ramón Alonso, na inauguración.
photo_camera José Manuel Sánchez e Ramón Alonso, na inauguración.

José Manuel Sánchez ealiza un percorrido por todas as vestimentas tradicionais desta festa

O pintor celanovés José Manuel Sánchez achegou ata Entrimo a súa visión das diferentes máscaras do Entroido ourensán. Nunha mostra que se pode visitar na sala de exposicións da Casa do Concello, Sánchez realiza un percorrido por todas as vestimentas tradicionais desta festa. Verín, Xinzo, Laza, Maceda... Son un total de 22 acuarelas as que o artista amosa nesta exposición, titulada "Senlleiro e ancestral: As caras do entroido ourensán". Deste xeito, Entrimo é a actual parada dunha mostra que ten percorrido numerosos puntos da provincia, un itinerario que comezou no centro cultural Marcos Valcárcel da Deputación hai algo máis de dous anos. 

O obxectivo de José Manuel Sánchez con esta serie de pinturas é a difusión dos traxes típicos para que os diferentes lugares polos que vai pasando poidan coñecer a riqueza patrimonial desta senlleira celebración. Ata finais deste mes, tanto os veciños de Entrimo como todos cantos se acheguen á Baixa Limia poderán visitar a mostra de Sánchez.

Te puede interesar