A Festa Popular de Baltar, na que os sen alcohol teñen premio

Cruce do río por un pau na festa popular de Baltar doutro ano (ÓSCAR PINAL).
photo_camera Cruce do río por un pau na festa popular de Baltar doutro ano (ÓSCAR PINAL).
Todo o programa de actividades para a celebración da XII Festa Popular

A XII Festa Popular de Baltar será este sábado, día 6 de agosto, e terá unha programación moi amplia ao longo de todo o día. Ás 15,30 horas abrirase o telón coa concentración de grupos folclóricos da zona,  As Xeitosiñas  e a Escola de  Acordeonistas de Baltar. 

Ás 16,00 horas  comezan os xogos de tute e brisca. Acto seguido, ás 16,15 horas, hai unha exposición do concurso medioambiental de ideas infantís “stop incendios” con premio de tres categorías acorde a idade dos nenos. Ás 16,30 horas partida de damas e axedrez, ás 17,00 horas partidos de rá e futbolín e ás 17,15 horas ping-pong e xogo da porca. Ás 17,30 horas vintos e carreiras de sacos para nenos e adultos. Ás 18,00 horas tiro da corda de equipos  (femeninos e masculinos) e un cruce do río por un pau. Ás 18,15 exhibición de folclore portugués con “Cavaleiros da Concertina”. Unha hora despois, ás 19,15 horas, exhibición de parapente e paramotor. 

Despois de todas estas actividades farase a entrega de premios ás 19,45 horas. Ás 20,00 horas merenda-cea con degustación de productos da terra. Poderán contar tamén coa actuación da artista da zona,  Carmen Penín  de 2  na Fronteira ás 22,00 horas. Para rematar a festa por todo o alto, ás 00,00 horas, co discomóvil D.M.R. para animar o ambiente.

José Antonio Feijóo, alcalde de Baltar, explícanos como espera este festexo. “Pretendemos retomar a vida normal, facendo de outro xeito e control. Esto esixe a realidade do día a día, a xente quere que sexa a oportunidade de mecer. Nos aproveitamos a celebración da festa popular, cos obxectivos tanto como alcalde como cidadán de recuperar as tradicións, fomentar os intercambios populares cos nosos amigos portugueses, fomentar a vida saudable e a defensa do medio ambiente. Queremos destacar os xogos, que encontrábanse perdidos. O feito de  realizar nós esta festa, está facendo que desperte as novas xeracións”, aclara.

“O entorno é moi axeitado, para disfrutar o carón da Serra do Larouco. Temos unhas instalacións do parapente, cunha natureza extraordinaria. Fomentamos gastronomía local, coa merenda-cea con 400 participantes.  Toda a tarde teremos inchables, touro mecánico e festa da escuma”, cóntanos o alcalde.

“Temos unhas instalacións de bar que estarán durante a tarde, con convites xerais de bebida sen alcohol. Coa axuda da Deputación da Xunta, premiaremos ós 0,0 de alcohol con camisolas, levámolo facendo sempre e vai aumentando o número de xente.  Tamén  tratamos os temas escolares para os nenos. Espero que entre as autoridades presentes, estén os nosos compañeiros de Portugal. Aínda que lle coincide cas festas locais deles, farán un esforzo para estar presentes. Quero convidar a todos a nivel xeral, que veñan a respaldar, sobre todo a xente que estalle pondo entusiamo, coa defensa da natureza, recuperando as nosas tradicións, as costumes e a relación cos nosos veciños de Portugal”, conclúe.

Te puede interesar