VERANO

Fin de semana para ir de pinchos na Baixa Limia

20190723184120195_result
photo_camera Representantes dos hostaleiros da Baixa Limia coas súas propostas.
É a primeira vez que o certame coincide durante a época estival, algo que a organización agarde que estimule as cifras de visitantes

Un total de nove establecementos hosteleiros dos concellos de Entrimo e Lobios porán a disposición de veciños e visitantes cadansúa proposta gastronómica dentro do tradicional roteiro de pinchos "Sabores do Xurés". Dende esta tarde e ata o domingo, tódolos locais participantes ofrecerán diferentes tapas elaboradas, na súa maioría, con productos típicos da comarca. 

É a primeira vez que o roteiro coincide no verán. Ata o de agora téñense realizado dúas convocatorias, unha en inverno e outra en primavera, se ben as convocatorias electorais deste ano atrasaron esta segunda cita ata agora. Por iso, os responsables desta iniciativa gastronómica agardan a que o atraso no calendario supoña un incremento de participantes. "Cada vez temos máis xente e veñen de tódolos sitios, tamén do norte de Portugal", explican dende o Concello de Entrimo. 

Se ben non contan cunha cifra exacta de pinchos vendidos en anteriores edicións, si que "está funcionando moi ben". De feito, "o domingo a mediodía téñense agotado os pinchos en moitos dos establecementos que participan". Dende a organización queren premiar tamén a fidelidade dos clientes sorteando unha cea nalgún dos restaurantes anfitrións entre cantos se acheguen durante esta fin de semana ós bares de Entrimo e Lobios e participen votando polos seus tres pinchos favoritos.

Te puede interesar