Educación

O Instituto de Bande triunfa no certame “Tíralle da lingua"

undefined
photo_camera O alumno Alexis Álvarez.

O alumno Alexis Álvarez impúxose na categotía de 4º ESO e ensino postobrigado

O Instituto Aquis Querquennis de Bande volveu a triunfar no concurso de relato oral "Tíralle da lingua" convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).

O alumno Alexis Álvarez Salgado resultou o gañador da súa categoría, a de cuarto da ESO e ensino postobrigatorio, pola súa interpretación do relato "Xente de mala morte", unha adaptación que il mesmo realizou dun fragmento do libro homónimo obra de Alfonso Álvarez Cáccamo. Neste certame, no que participan numerosos centros de ensino de toda Galiza, "o alumnado do Instituto Aquis Querquernis de Bande ten acadado xa numerosos premios ao longo dos últimos anos, sendo o centro escolar de todo o país que máis galardóns leva acadado neste meritorio certame", subliñaba o mestre do centro, e escritor nado en Ramirás, Xan Carlos Domínguez Alberte.

Entre as 66 propostas do alumnado galego tamén se atopaban tres banduenses, Marta Montes coa "A bolboreta", David Martínez Fernández con "A vaca que puxo un ovo" e Sabrina Valado Muñoz e "O aprendiz de home do saco".

Normalizar o galego

O xurado da décimo novena edición do "Tíralle da lingua", convocado pola coa finalidade de normalizar o uso oral da nosa lingua entre a xente máis nova, estivo formado polo dinamizador cultural Antón Laxe, a actriz e contadora Isabel Risco e Pedro Brandariz, actor, contador de historias.

Te puede interesar